19:00
La Mona Simona

La Mona Simona

Elenco: Marni Santana e Ave Hernández

Sinopse:

Colgada dunha rama dun milenario Baobab, a mona Simona espera soñolienta a chegada do alba para saudar ao astro rei, o Sol. A todos os outros animais que pasan por baixo da súa árbore convídalles a ver o gran espectáculo, e para escorrentar o soño e a soidade da espera, pídelles que lle conten un conto.

Un espectáculo sinxelamente belo, inspirado en valores como a amizade e o amor á natureza. Innovador porque mestura as técnicas do teatro de sombras chinescas, os monicreques e a narración e interpretación. Ademais, recrea o mundo máxico, por medio da teatralización dos contos universais.

Esta mestura de técnicas e a dificultade que afronta cada unha delas por separado e en conxunto, xeran un espectáculo revelador, moderno, ideal para o goce de toda a familia pola súa creatividade e calidade artística.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android