11:00
A nena que vivía nunha caixa de mistos

A nena que vivía nunha caixa de mistos

"A nena que vivía nunha caixa de mistos" é a terceira parte da triloxía sobre os contos populares, que comezou con "As fabas máxicas" , continuou con "Feo" (Premio María Casares a mellor espectáculo infantil) e rematará con este espectáculo.

A nova proposta de Caramuxo teatro está inspirada no conto "A vendedora de mistos" de Hans Christian Ándersen.

Un espectáculo cunha coidada posta en escena e cunha linguaxe contemporánea, utilizando como temática a pobreza infantil.

Unha nena camiña pola rúa dun lugar a outro cunha gran caixa de mistos, a casa onde pasa a noite. Pola mañá sae pola vila para vender mistos a quen os necesite, no día a día coñece un ganso e unha gata que mudarán a súa vida para sempre.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android