O Péndulo é unha obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu a sublevación militar de 1936 e o inicio daGuerra Civil en Galicia. Este achegamento á nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, co-dramaturga e actriz, trasládanos a experiencia do seu bisavó,Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente na Cañiza. Membro do Partido Socialista Galego, republicano e Presidenteda Casa do Pobo da vila. Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. Xunto con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza -pertencente a Esquerda Republicana- a única muller que exerceu este cargo en Galicia durante a Segunda República. Esta última conseguiu salvarse do fusilamento no último momento, alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e rematou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.
En escena conviven a ficción e a realidade.
O Péndulo é unha coprodución de Inversa Teatro co Centro Dramático Galego, a MIT de Ribadavia e a Area de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar