Europa, verán do 2001. A cidade de Ragazzo vive a restricción de dereitos máis grande que recorda o continente dende a Segunda Guerra Mundial: fronteiras pechadas, manifestacións prohibidas, ata tender a roupa nos balcóns...Detencións, identificacións, rexistros, 30 000 axentes recorren as rúas e protexen aos líderes do G8 na súa xuntanza. Ragazzo, pese a isto, pasa o verán na cidade, nun garaxe que okupou e acondicionou como o seu fogar durmindo dentro do coche e cociñando no seu motor. Está de vacacións: ten tempo para ir a concertos, ler e escribir, cociñar, e incluso de namorarse...e por suposto de participar nas asambleas sociais, instaladas no estadio da cidadepara facer fronte a o modelo de globalización imposto, soñando un novo mundo posible. Pero o seu destino quedará marcado cando tome a decisión de quedarse na columna dos desobedientes, que se propuxo a acción pacífica de violar o confinamento da zona restrinxida aos amos do planeta.
Ragazzo é unha oda á xuventude e á liberdade, un grito á vida, á dignificación das historias persoais: unha reivindicación da memoria colectiva e da Historia que os donos do mundo nunca escribirán para nós.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar