20:30
Política Sentimental

Política Sentimental

En pleno período histórico que se desenvolve durante a ocupación nazi do territorio francés en 1940, prodúcese un encontro de dúas grandes personalidades do panorama cultural da época. Os anos 40 son o auxe e culminación da vangarda europea. Albert Camus, un dos máis destacados representantes do existencialismo francés, coñece á actriz galega e filla dun dos máximos expoñentes da II República de España (Casares Quiroga). O exilio mergulla a María Casares nun encontro coa resistencia francesa e as vangardas artísticas do momento, que a consideran unha icona e unha musa na que plasmar as súas obras. Cando María Casares asumiu en 1944 o protagonismo na obra El misentendido, supuxo o inicio dunha fructífera e intensa relación persoal e profesional entre as dúas protagonistas, que se prolongará ata a morte do autor en 1960.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android