20:30
Abraham Boba

Abraham Boba

En 2007 publicou o seu primeiro disco, de título Abraham Boba, no que cantaba e tocaba o piano. En 2008 mudouse a Madrid e pouco despois comezou a tocar o piano no grupo de Nacho Vegas, tanto nos seus discos como nas xiras. En 2009 publicou, co selo discográfico Limbo Starr, o seu segundo disco en solitario titulado La educación. Foi gravado en Cádiz e consta de once temas. Dous anos despois publicou Los días desierto, o seu terceiro álbum.

Tras tres discos en solitario e outros catro tocando o piano con Nacho Vegas, en 2012 uniuse a Eduardo Baos, Luis Fernández e César Vedú para crear o grupo León Benavente. En 2013 sacaron o seu primeiro disco, de título homónimo, con 10 cancións compostas por Boba. O grupo alcanzou grande éxito e despois dese disco foron fichados pola Warner, publicaron outros dous álbums (2 e Vamos a volvernos locos, ambos con letras compostas por Boba) e deron multitude de concertos por toda España e fóra dela (destacando numerosas actuacións en México).
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android