12:30
Achégate ao Salón: Alice Wonder

Achégate ao Salón: Alice Wonder

Alice Wonder é o claro exemplo da chegada dun cambio xeracional musical. Con apenas 24 anos, a artista e compositora, irrompeu con forza na escena musical cunha madurez artística que pode chegar a asustar aos máis veteranos.

As redes sociais foron o trampolín aos seus 18 anos para dar o pistoletazo de saída a todo o que ía suceder posteriormente. O seu EP debut Take off acumulou varios millóns de reproducións no single homónimo. Despois chegaría Firekid, o seu disco debut no que a precocidade musical da artista brillou máis que nunca nos 11 temas en inglés que o compoñen, chegando a facer sold out en moitas cidades da xeografía española e dando sonoridade a producións audiovisuais como Skam, El Desorden Que Imaginas e a mítica serie australiana Neighbours entre outras.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android