21:00
Paris is burning

Paris is burning

A película explora as 'Houses' do barrio neoiorquino de Harlem de finais dos 80. Unha 'House' é unha sociedade de gais e drag queens (drag queen no sentido neoiorquino do termo que inclúe ás travestis), que ten forma de banda rueira. As 'Houses' están formadas por unha 'mother' ou nai e os e as 'children', fillos e fillas, a función da nai é a de presidir a sociedade e aconsellar e mirar polos seus integrantes. Os 'Balls' son os bailes que organizan as 'Houses' nos 'Ballrooms' (literalmente salóns de baile) que se converten nunha especie de club para reunirse e competir entre si. "Paris is burning" reflicte o fenómeno dos 'balls' desde 1987 ata 1989 cando xa chamou a atención dos medios de comunicación e as industrias culturais perciben beneficios do que súbitamente é a nova moda. 
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android