19:00
Terror na foresta

Terror na foresta

Terror na foresta

«Reservade a data do /, á hora do crepúsculo para reunirnos en Leira a contar e construir entre todes unha historia de medo sobre o que se agocha na foresta.

Un cineasta e a súa equipa deciden internarse no bosque na noite de ánimas para grabar as primeiras tomas dun filme experimental. Alí, entre eucaliptos, castiñeiros e animais salvaxes habita algo que descoñecen…pronto o descubrirán.

Esta é a premisa inicial da partida da nosa primeira edición de Xogos sobre a mesa, unha actividade onde explorar e especular colectivamente as implicacións e tópicos do horror rural construindo colectivamente unha historia de terror.

Tomando como punto de partida os imaxinarios e visualidades do novo cinema galego, o terror rural pero tamén proxectos audiovisuais como o Proxecto da Bruxa de Blair ou La Cabaña en el Bosque propoñemos percorrer o interior do bosque de xeito crítico para averiguar qué se agocha no seu interior.

Xogos sobre a mesa é unha actividade periódica onde explorar e problematizar dende dinámicas lúdicas e o goce os temas centrais a cada ciclo. Cada sesión contará cunha dinámica propia adaptando traballos xa existentes de diferentes autores e autoras.

É necesaria a inscripción por DM ou correo electrónico a leirahaus@gmail.com xa que hai moi poucas prazas.»

Fuente: https://vivalugo.es/evento/terror-na-foresta/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android