20:00
Presentación de «Ánima» – Fotolibro de Ruth Montiel Arias

Presentación de «Ánima» – Fotolibro de Ruth Montiel Arias

Presentación de «Ánima» – Fotolibro de Ruth Montiel Arias

O vindeiro 28 de decembro ás 20.00h acollemos en Leira a presentación de Ánima o último fotolibro de Ruth Montiel Arias, xunto á editora Alauda Negra e á filósofa antiespecista Iria Murado Carballo.

O fotolibro revisa o arraigo da tradición da matanza e a Santa Compaña propoñenedo encontro entre algunhas nocións relativas á superstición e o costumismo galego para trazar un novo imaxinario onde sexa posible unha nova relación do noso folclore cun humanismo non antropocéntrico e respectuoso coa dignidade e os dereitos dos animais a través dunha potente poética visual cunha singular vocación documental.

Neste sentido, Ánima afonda na nosa relación cos animais e investiga, de xeito visual, como as nosas crenzas son tamén un instrumento da explotación sobre eles. Este traballo artístico pon así o foco na noción de tradición e cómo ésta lexitima actos cuestionables, non só por unha crecente parte da sociedade, senón por algunhas das persoas involucradas directamente nesta actividade, que xa non se resignan a manter o mandato secular da matanza; como puido constatar a propia autora ao longo da realización deste proxecto fotográfico.

Acompañaranos tamén para abrir a conversa sobre os temas que trazan e sustentan o traballo de Ruth Montiel Arias a filósofa antiespecista e investigadora no ámbito da ética animal Iria Murado Carballo. E por suposto, a editora Alauda Negra.

Fuente: https://vivalugo.es/evento/presentacion-de-anima-fotolibro-de-ruth-montiel-arias/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android