20:30
175ª Edición da Masa Crítica Lucense

175ª Edición da Masa Crítica Lucense

Como tódolos últimos xoves de mes dende hai xa 14 anos, celebramos en Lugo unha nova edición da Masa Crítica.
A Masa Crítica é un paseo colectivo e lúdico en bicicleta pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico, económico, saudable e divertido, facendo da cidade un espazo máis humano, sen ruídos nin contaminación ó que están convocad@s tód@l@s ciclousuari@s.
Nun ambiente de festa e diversión seguiremos a reivindicar o uso da bicicleta como medio de transporte na cidade.
Queremos lembrar que o Reglamento General de Circulación recolle coma obrigatorio o uso do casco na cidade para os menores de 16 anos. Tamén son obrigatorios o timbre, e ,cando se circula de noite, luz dianteira e traseira.
MASA CRÍTICA DE LUGO
* Emprega a bici todos os días, celébrao unha vez ao mes!
* As bicis non obstaculizámo-lo tráfico, somos tráfico!
* Participa, xunt@s facemos a Masa Crítica en Lugo!
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android