Como tódolos últimos xoves de mes dende hai xa 15 anos, celebramos en Lugo unha nova edición da Masa Crítica. A Masa Crítica é un paseo colectivo e lúdico en bicicleta pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico, económico, saudable e divertido, facendo da cidade un espazo máis humano, sen ruídos nin contaminación ó que están convocad@s tód@l@s ciclousuari@s. Nun ambiente de festa e diversión seguiremos a reivindicar o uso da bicicleta como medio de transporte na cidade. Queremos lembrar que o Reglamento General de Circulación recolle coma obrigatorio o uso do casco na cidade para os menores de 16 anos. Tamén son obrigatorios o timbre, e ,cando se circula de noite, luz dianteira e traseira. MASA CRÍTICA DE LUGO * Emprega a bici todos os días, celébrao unha vez ao mes! * As bicis non obstaculizámo-lo tráfico, somos tráfico! * Participa, xunt@s facemos a Masa Crítica en Lugo!
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar