20:00
Esas cousas marabillosas

Esas cousas marabillosas

“Esas cousas marabillosas” comeza cando o público vai entrando na sala e é recibido polo actor. Dálles a benvida, axúdaos a se acomodar, e dálles un papeliño que vai xogar no espectáculo. Cando empeza o espectáculo, o público xa leva un cacho dentro del sen sabelo e algúns cunha "cousa marabillosa" na man.

É unha peza participativa, tenra, emocionante e divertida.
É unha comedia que fala sobre a saude mental, a depresión e o suicidio.
É unha obra que pode cambiarche a vida…e para bén.

Cóntase unha historia de case tres décadas que comeza cando… mamá está no hospital:

«Fixo unha parvada”, di papá, porque: “resúltalle difícil ser feliz”.

Esta primeira tentativa de suicidio de mamá fai que o fillo (o protagonista), de sete anos daquela, comece a facer unha lista de todo o que é marabilloso no mundo. Todo polo que vale a pena vivir.

1. Os xeados. 2. As guerras de auga. 3. O primeiro baño do verán. 4. A cor azul. 5. As roupa a cadros. 6. Unha montaña rusa.

Deixa a lista na almofada de mamá co titulo “Esas cousas marabillosas”…Mamá leuna, sábese porque corrixiu a ortografía.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android