Auditorio da Casa da Cultura de Cee
Paseo do, P.º Alcalde Pepe Sánchez, 9 - Cee Ver web
Historia dunha nena namorada do mar é unha peza de teatro chea de tenrura e comicidade. Dirixida ao público familiar tanto para infancia como persoas adultas, 50 min para rir, cantar e chorar!!! Esta Historia fala dos soños, da vontade de ser e chegar a ser o que a nosa alma expresa, sobre todo para unha nena galega que nace e medra preto do mar, ela quere ser Mariñeira. Fala de empoderamento persoal como muller nunha profesión de homes, de aprender por sí mesma a nadar, a remar, a compartir o que ten, a namorarse coa xente do mar e a xerga do mar. O público divírtese a través das dramaturxias visuais e clownescas. As mensaxes sobre o cambio climático, o coidado polo mar e sobre todo o sentimento de pertenza e respecto a este elemento da natureza son o eido principal da peza. Hai música en directo e monicreques.
Paseo do, P.º Alcalde Pepe Sánchez, 9 - Cee Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar