Auditorio da Casa da Cultura de Cee
Paseo do, P.º Alcalde Pepe Sánchez, 9 - Cee Ver web
BLACK é un proxecto musical coruñés que reinterpreta grandes éxitos da música negra. No seu formato acústico levan dende 2014 amenizando diversos espazos de toda a comunidade autónoma co seu espectáculo "Un paseo pola música negra". Tras o éxito dos especiales “Música do Nadal” e “Soul e literatura” agora chegan co formato: “Voces de muller”, un espectáculo deseñado ca intencionalidade de poñer en valor o papel da muller na música a través dun coidado repertorio musical interpretado en directo e das anécdotas das artistas representadas, todas elas fortes impulsores do feminismo dende diversos puntos. A través do espectáculo de BLACK redescubriremos grandes clásicos de voces femininas e vibraremos lembrando mulleres inesquecibles como Aretha Franklin, Nina Simone, Billie Holiday ou Amy Winehouse. Sempre, co galego como vehículo linguistico. BLACK ofrece, en directo, unha visión sensible e chea de detalles e anécdotas das últimas décadas da música negra, da forma na que as cancions nacen, escríbense e interprétanse, dunha forma profundamente íntima agasallándonos cunha viaxe polas melodías do Soul.
Unha experiencia pra alma.
Paseo do, P.º Alcalde Pepe Sánchez, 9 - Cee Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar