12:00
Coliño

Coliño

Coliño

Unha obra musical e sensorial dirixida á primeira infancia, pensada por e para as familias.

COLIÑO é o lugar natural a onde imos dende que nacemos e que buscamos cando necesitamos seguridade, defensa, protección, consolo, ánimo, calor e quentura.

O primeiro COLIÑO é o da nai. Un colo cheo de vida, de latexo, de quentura...cargado de seguridade e amor.

COLIÑO está concibido dende o apego, as emocións e o vínculo afectivo entre os bebés e a súa contorna.

COLIÑO tamén é ese agarimo, ese niño de algodóns, ese saco de durmir, esa cova ou agocho que nos protexe...

A COLIÑO van a parar todo tipo de seres vivos, seres que precisan doutros seres para sentirse vivos e protexidos, felices e contentos.

COLIÑO mestura todas as enerxías positivas para a mellora do bebé, da crianza e da persoa.

COLIÑO somos moitas e moitos.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android