12:00
Asemblea Xeral

Asemblea Xeral

«O destino do home senta na infancia, e a metralleta dos sete anos adoita, adquirindo xigantescas proporcións, explotar aos vinte en Hiroshima». LAURO OLMO

Os animais sofren a peste e, crendo que é un castigo do ceo, buscan un culpable entre eles para sacrificalo. Con ese fin, acordan unha “asemblea xeral” onde cada un confesará as súas faltas. A súa principal fonte é a fábula “Os animais apestados” de La Fontaine e o seu argumento expón, no símil entre as actitudes dos animais e os humanos; a confesión pública dos pecados de cada un para librarse dunha epidemia de peste que arrasa o país e que se interpreta coma un castigo divino. Neste proceso público quedan desenmascarados os hipócritas e aduladores, o poder despótico. onstitúe unha boa crítica da inxustiza que supón a administración da xustiza cando protexe ao poderoso aínda sendo culpable e busca como vítima propiciatoria ao ser máis indefenso.

Lauro Olmo e Pilar Enciso constrúen unha trama traxicómica onde poñen en solfa os mecanismos de poder que presiden os réximes sociais autoritarios. A obra, escrita despois da morte de Franco, obtivo, a pesar da súa breve duración, o premio ‘Manuel Espinosa e Cortina’, da Real Academia Española da Lingua, á mellor obra estreada no quinquenio 1977-1981.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android