20:30
Bailar agora

Bailar agora

BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara a un posicionamiento no Presente, social e persoal, a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual das cousas, con plena consciencia sobre o que estamos a facer e cómo estamos a vivir o aquí e o agora. A proposta sobre como facelo é clara: Bailando. 

Nun mundo en constante precipitación, o tempo esgótasenos proxectándonos nun futuro que nunca chega. BAILAR AGORA propón unha atención no presente e no concreto, na carne e no movemento, no movemento que é pensamento, investigando unha linguaxe humorística e crítica a través do movemento e a través dunha proposta escénica de danza moi física.

BAILAR AGORA pon en contacto á bailarina e creadora Marta Alonso Tejada coa bailarina e directora internacional Victoria P. Miranda.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android