Concello de Nigrán, IES Proval e IES Val Miñor ofrecen un ano máis unha homenaxe conxunta a Rosalía de Castro este venres 3 de Marzo desde as 20:00 horas no Auditorio Municipal. O acto constará dun recital de poemas da célebre escritora a cargo do alumnado de ambos centros (e público que desexe sumarse) e interpretación dos mesmos pola coral Novos Aires de Nigrán ('De balde', 'Soia' e 'Negra sombra') e Ecos do Castelo de Parada ('Caldo de Gloria', 'Alborada' e 'Adios ríos'). A entrada é de balde ata completar aforo.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar