21:30
Castro y los Escoltas

Castro y los Escoltas

Castro e Os Escoltas, banda galega de recente formación, editan o seu primeiro traballo discográfico con Xonix Records. O traballo leva como título De nuevo a empezar e con el, dan o pistoletazo de saída a este novo proxecto. O álbum consta de 6 temas e está dispoñible desde o 11 de febreiro. 

Con motivo do lanzamento, que xa se atopa en todas as plataformas, a banda sacou o seu segundo videoclip que se suma ao que serviu de adianto o 7 de xaneiro. De novo, volven a mostran o seu rock de alta octanaxe con tinguiduras soul. Estilísticamente a banda móvese dentro do rock nun sentido amplo e neste traballo, atopámonos con cortes de rock clásico, soul, blues, ou sons máis densos e pantanosos.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android