17:00
Pablo Leira y Los Eternos

Pablo Leira y Los Eternos

O ferrolán Pablo Leira, con apenas 23 anos, vén de cursar un título en interpretación de guitarra no Berklee College of Music, en Boston, onde recibiu unha bolsa e obtivo premios como o John Laporta en 2019 e o premio Jimi Hendrix en 2020. Na actualidade acompaña na súa xira a Andrés Balado e tamén colabora cos Eternos. Pero, ademais, hai pouco máis dun par de semanas, rexistraba o que é xa o seu primeiro disco de estudo, nos RRStudios de Danny Abeledo e Melo García en Ferrol. No traballo, de corte country, colaborou xente talentosa como Álvaro Lambas coa súa steel guitar, Pepe Coira á harmónica, Rafa Pereira ao baixo e Cabe García á guitarra e ao banjo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android