21:30
Replicantes + La Rabia Saudí

Replicantes + La Rabia Saudí

Esta vez queremos presentarvos a Replicantes, unha banda que comezou a súa andaina polo mundo da música no ano 2008 e que segue en activo con mais forza que nunca creando música pop/rock con aires británicos. A banda foi elixida en varios centros da Fnac (Donosti e Barcelona) como un novo talento, conseguiu gañar diversos concursos a nivel local e tamén se converteron nun dos finalistas do concurso Puro Catro.
Replicantes, polo momento, ten un disco no mercado o cal se chama El hombre Occidental.

Podémosvos asegurar que é unha banda cun ritmo refrescante que nos ofrecen cancións cargadas de enerxía e boas melodías. El hombre Occidental móstranos unha serie de cancións con encanto que conteñen os ingredientes necesarios para que a banda consiga ter bastante éxito nun futuro non moi afastado e, lémbranos ademais, porque foron conseguindo gañar e ser finalistas dos diversos concursos aos que se presentaron.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android