10:00 hasta las 21:00
FEIRA DE CULTIVOS DO BAIXO MIÑO 2023

FEIRA DE CULTIVOS DO BAIXO MIÑO 2023

A Feira de Cultivos do Baixo Miño regresa a Tomiño despois dos tres anos de pandemia con forzas renovadas. Tras ter que cancelarse en marzo de 2020 pola COVID-19, a feira volve este ano para celebrar unha décimo oitava edición renovada e con moitas novidades no peto. Organizada de forma conxunta pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño e o Concello de Tomiño, a feira estrea este ano escenario ao aire libre, levando as principais novidades dos sectores da planta, froita, flor, horta e suministros á rúa.

Deste xeito, a XVIII Feira de Cultivos do Baixo Miño celebrarase do 12 ao 14 de maio na renovada Praza Pintor Antonio Fernández de Goián, “un espazo ao aire libre que brinda un ambiente acolledor e único para o público. “As necesidades e prioridades da sociedade van mudando, sobre todo despois de tres anos de pandemia. Por iso sabiamos que era o momento de repensar a feira, de evolucionar e ofrecer novas propostas e actividades que permitirán ás persoas participantes gozar dunha experiencia única e enriquecedora”, salienta a presidenta de acuBam, Mariví Álvarez.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, resaltou que “este ano estamos máis ilusionados e ilusionadas para poder retomar a celebración e reunirnos novamente nun ambiente festivo e produtivo. Temos moitas ganas de poder desfrutar dunha feira moito máis participativa, dinámica, aberta e lúdica para profesionais e veciñanza, unha feira na que reencontrarnos e na que tamén coñecer de primeira man os últimos avances e tendencias do sector agrícola da comarca”.

A nova edición da Feira de Cultivos contará con importantes novidades, como charlas e talleres, zona de expositores, un espazo destinado a tenda aberta ao público, exposicións ou un Mercado de Primavera que contará coa presenza de produtores e produtoras, artesáns e artesás e comerciantes. Durante tres días a feira ofrecerá un amplo programa de actividades sen renunciar á promoción comercial, coa organización dunha misión comercial inversa reforzada por outra adicional prevista para outono deste mesmo ano.

+INFO
https://acubam.org/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android