22:30
Dr. Explosion

Dr. Explosion

Doutor Explosión adoitaban ser tres raparigos, agora catro, capitaneados por Jorge Explosión...

Teñen unha traxectoria mítica, internacional e intermitente dentro do garage rock. Jorge, con César Crespo, Dani Montero e Conrado Martín, acaban de sacar un disco nada ambicioso que se chama Superioridade Moral e as críticas falan marabillas das súas temazos.

Con el pretenden sacar a lingua, ensinar o cu ou o que faga falta, á industria musical. A superioridade moral -din eles- é un exercicio de soberbia en si mesmo, e xa que o rock tamén o é, arrebatémoslle esa superioridade por un momento aos que sempre xulgan, aos que

cuestionan o noso modo de vida e de diversión. Sexamos irreverentes coa estupidez humana que nos iguala a todos como vítimas e verdugos
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android