22:30
Ultracuerpos

Ultracuerpos

Ramone Ramón (guitarra), Kiko The Jams (guitarra), Mikelini Martinez (baixo) e Óscar Caramés de High Time (batería), acompañados de Álvaro Dorda, que toma a praza deixada por Rodiggy Pop Thee Virus- na voz, poñen en marcha os Ultracuerpos. Debutan como teloneiros dos Black Halos, abandonando o punk rock para achegarse ao rock and roll.

A banda ten a súa base en Mandrágoras, formación na que nos atopamos a Miguel (baixo), Kiko (guitarra) e Álvaro (voz) desde o 93 ata o 98, tirando do garage e a psicodelia. Logo viñeron Thee Virus e finalmente Ultracuerpos.

Apadriñados polo selo de Alberto Lodeiros, O Beasto, non tardan en gravar o seu primeiro LP: Plan 9 from Outer Space (O Beasto, 2001). Un traballo producido en Coruña por José Martínez Bonham, nos estudos que levan o seu nome. O deseño de portada corre a cargo de Álvaro Dorda. Trátase dun traballo que desprende enerxía primigenia por milleiros, que supura rock and roll.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android