22:30
Félix Arias

Félix Arias

Félix Arias posúe unha importante traxectoria musical, en proxectos como Lovely Luna ou Guru Deva. Así como en solitario. E tamén consideramos relevante destacar o seu labor como "docente musical" para nenos.

Outro detalle interesante, e que pon de manifesto a súa magnitude musical, é que comezou a tocar con Xoel López cando ambos estudaban na Universidade de Santiago de Compostela. E por entón dicíase que prometía máis que Xoel. Pero ao final a definición de éxito é moi relativa e non todos senten realizados musicalmente da mesma forma.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android