?Escoitando o silencio? é un proxecto innovador no que, mediante o uso da tecnoloxía inalámbrica, Javier Otero e Rut Balbís fan un exercicio sen precedentes, cunha proposta artística baseada na intervención musical en espazos únicos nos que o silencio perdura na contorna, e, respectando ese silencio, transcorre o concerto de piano e electrónica con auriculares de última xeración.
Trátase dunha intervención artística de Javier Otero Neira na que música e tecnoloxía danse a man coa contorna, de maneira moi especial, e na que integra, ademais, a luz e ao propio espectador converténdoo nun espazo interactivo e multidisciplinar, nunha experiencia difícil de explica pero fácil de intuír. E a bailarina Rut Balbís, cunha coreografía creada ex professo para este espazo, que interaccionará co público e co xardín, na procura de experimentar a música en directo desde o silencio, cun alcance dos auriculares duns 300 metros vía bluetooth.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar