10:00 hasta las 20:00
Educación, Xénero e Lectura

Educación, Xénero e Lectura

A mostra pretende amosar realidades, imaxes e representacións dun pasado-presente da educación, particularmente, das nenas e mulleres: entre os estereotipos e as discriminacións que trazaron modos de ensinar e aprender -nas escolas, nas familias e nas comunidades- sustentados en valores, comportamentos, etc. e as oportunidades que teñen permitido superalos pola consciente procura da coeducación, a equidade, a inclusión e o mais pleno respecto as diversidades que nos caracterizan.

Comisariada pola profesora Dra. Rita Gradaílle Pernas e o profesor Dr. Antón Costa Rico, a exposición articúlase a través dun itinerario visual que recorre un conxunto de 16 mesas expositoras con libros e recursos escolares, obxectos significativos, fotografías históricas, cartelística e imaxes, información escrita e… unha invitación á esperanza construtiva.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android