17:00
Quen ten cu ten medo

Quen ten cu ten medo

Espectáculo para público familiar (a partir de 6 anos)

Tarabela Creativa

Este Samaín a meiga abrirá as portas da súa casa no Museo Pedagóxico para guiarnos nun "Cursiño de prevención de medos". Falaremos da Santa Compaña, do Lobishome, da Meiga Chuchona, do Tardo e do Gatipedro e venceremos toda unha serie de desafíos que nos deixarán claras dúas cousas: o catálogo de seres que habitan a nosa fantasía e o feito de que, en realidade, estamos cheíños de valentía.

Sábado 28 de outubro ás 17:00

Familias con nenos e nenas a partir de 6 anos

Actividade gratuíta

Reserva previa a través da web do museo: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obradoiros
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android