17:30
Escola de escribas

Escola de escribas

Como foron os inicios da escritura no mundo? Que civilizacións foron as pioneiras en desenvolver esta prezada ferramenta?

Con motivo do Día do Libro, viaxaremos ata a antiga Mesopotamia para explorar os segredos que agocha esta civilización e reflexionar sobre o sentido e a importancia dela no nacemento da escritura. Así a rapazada terá a oportunidade de converterse por un día en auténticos escribas, recreando e descifrando unha das primeiras formas de escritura coñecidas.

Venres 19 de abril de 2024

17:30 a 18:30

Público infantil de 6 a 11 anos

Actividade de balde

Imprescindible reserva previa: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obradoiros
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android