20:30
O AUTO DO CASTROMIL

O AUTO DO CASTROMIL

Producións Teatrais Excéntricas (c) 2023

Proxecto gañador do III Certame de Proxectos Teatrais Manuel María

Con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convoca a fundación Manuel Maria e que recibe o apoio de mais de corenta concellos e institucións de Galiza.

A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco. O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.

ELENCO Patricia Vázquez Rocío González Victor Mosqueira Marcos Orsi

ESCENOGRAFIA E INDUMENTARIA Carlos Alonso

ILUMINACIÓN Octavio Mas

ESPAZO SONORO Piti Sanz

PROXECCIÓNS Marcos PTT Carballido

DESEÑO GRÁFICO Javier de la Rosa

VIDEO Sonia García

FOTOGRAFÍA Sabela Eiriz

PRODUCIÓN Rubén G. Pedrero

DIRECCIÓN E DRAMATRUXIA Quico Cadaval

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/o-auto-do-castromil
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android