10:00 hasta las 14:00
Campamentos urbanos no Museo das Peregrinacións

Campamentos urbanos no Museo das Peregrinacións

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables, co obxectivo de favorecer a conciliación das familias con nenas, nenos, mozos ou mozas, desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes. O programa está financiado polo Ministerio de Igualdade do Goberno de España.

Poderán participar todos os nenos e nenas que pertenzan a familias con necesidades en materia de coidados de nenos e nenas, afectadas polo desemprego ou calquera outra situación especial.

O obxectivo fundamental destes campamentos de verán é favorecer a conciliación familiar e laboral.

Con este fin o Museo das Peregrinacións e de Santiago anuncia a posta en marcha duns campamentos urbanos no museo.

Crear, xogar, experimentar, descubrir segredos... Todo isto se pode facer nestes campamentos urbanos semanais no museo. Un xeito enriquecedor e dinámico de gozar as mañás do verán.

Idades: de 5 a 12 anos

Cando: Quendas semanais de martes a venres en horario de 10:00 a 14:00 h.

-18 ao 21 de xullo

-1 ao 4 de agosto.

-8 ao 11 de agosto (dous días).

-6 ao de agosto.

-2 ao 25 de agosto.

-29 de agosto ao 1 de setembro.

-5 ao 8 de setembro.

Prazas: 14 prazas en cada quenda.

Inscrición: Cumplimentar e enviar o formulario a reservas.mdperegrinacions@xunta.gal
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android