17:00
Obradoiro Asorey

Obradoiro Asorey

O Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural. 

O obxectivo do Día Internacional dos Museos é sensibilizar o público sobre o feito de que «os museos son un medio importante para os intercambios culturais, o enriquecemento de culturas, o avance do entendemento mutuo, a cooperación e a paz entre os pobos».

Dentro da programación, e aproveitando que este ano o Día das aaRtes Galegas se adicou a este escultor, organiza o obradoiro Asorey. Impartido por Crearte Servizos Culturais e para para público infantil, é un obradoiro creativo no que as nenas e nenos experimentarán co proceso creativo do artista facendo a maqueta dun monumento escultórico propio e a reprodución a escala en barro dunha obra de Asorey.

Para a inscrición previa, premer nesta ligazón

Fuente: https://museos.xunta.gal/gl/actividade/obradoiro-asorey
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android