Museo Das Peregrinacións e de Santiago
Praza das Praterías, 6 - Santiago de Compostela Ver web
O Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle o proxecto Galiverso dos Museos, unha experiencia de realidade virtual que permite entrar nunha versión dos once museos xestionados pola Xunta de Galicia nas catro provincias galegas. O usuario poderá observar e interactuar con algunhas das pezas máis destacadas destes centros.
Actividade de balde con reserva previa. Horario de martes a venres de 11:30 ás 14:30 h. Quendas cada 30 min.
Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, os días 18 e 19 de maio, realizaranse pases do Galiverso dos Museos en horario de mañá, de 11:30 ás 14:30h.
As nenas e nenos menores de 12 anos de idade deben estar acompañadas/os durante a experiencia por unha persoa adulta responsable
Para a inscrición previa, premer nesta ligazón
Praza das Praterías, 6 - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar