Auditorio de Galicia
Auditorio de Galicia. Avenida Burgo das Nacións s/n - Santiago de Compostela Ver web
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
ABONO
Director/a asistente
Judith Jáuregui, piano
territorios da entropía
O concerto de hoxe trasládanos do caos á orde a través dunha viaxe que comeza con Entropía, da compositora luso-española Inés Badalo, unha lúcida reflexión a modo de xogo de texturas. Unha afirmación contra o caos é a vida e a obra de Manuel de Falla xa desde os seus anos de xuventude en París, cidade que tivo que abandonar tras o estoupido da Primeira Guerra Mundial. Levaba na maleta os bosquexos de Noches en los jardines de España, un concerto para piano no que o impresionismo francés abraza o horizonte do andaluz, facéndoo universal. Tamén París moldeou o xenio do último compositor do concerto, Juan Crisóstomo Arriaga, chamado "o Mozart español", tan prodixioso como Mozart, e de morte aínda máis prematura, aos 20 anos. A súa Sinfonía en Re é unha testemuña única do seu talento.
CONVERSANDO CON… Sala Mozart 19:45 h
Director/a asistente
Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/rfg-%C2%B7-territorios-da-entrop%C3%ADa
Auditorio de Galicia. Avenida Burgo das Nacións s/n - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar