Auditorio de Galicia
Auditorio de Galicia. Avenida Burgo das Nacións s/n - Santiago de Compostela Ver web
VERTIXE SONORA
Saxofón: Pablo Coello
Trombón: Iago Ríos
Guitarra eléctrica: Rubén Barros
Violín: Roberto Alonso
Contrabaixo: Carlos Méndez
Teclados: David Durán
Percusión: Diego Ventoso
Electrónica, vídeo, iluminación: Bernat Pont e José del Avellanal
HOW CAN I HELP YOU*
Para ensemble controlado mediante software de Intelixencia Artificial.
Creadores: José del Avellanal e Bernat Pont
*Estrea absoluta
How can I help you é un espectáculo multimedia de estrea mundial arredor do primeiro programa de Intelixencia Artificial, ‘Eliza’, deseñado por Joseph Weizenbaum no MIT nos anos 60. Dividido en cinco partes, nunha reflexión sobre intelixencia artificial e comunicación, o espectáculo foi desenvolto en exclusiva para Vertixe Sonora polos creadores José del Avellanal Carreño e Bernart Pont, que propoñen unha interacción home-máquina que conecta Chat GPT coas primeiras experiencias de IA. A proposta xorde da fascinación por ‘Eliza’, o software creado por Joseph Weizenbaum no MIT nos anos 60 co obxectivo de estudar a comunicación entre humanos e ordenadores. Unha versión do programa acadou gran popularidade na época, propoñendo unha relación psicoterapeuta-paciente entre ordenador e usuario. Debido á súa relativa sofisticación no recoñecemento de patróns, conseguiu convencer a un gran número de usuarios de que se estaban comunicando cunha persoa real. Foi un dos primeiros programas da historia en superar a proba de Turing. O gran éxito de ‘Eliza’ na replicación da conversación natural e a sobreestimación das súas posibilidades por parte dos seus usuarios levaron a Weizenbaum a publicar en 1966 un famoso artigo no que desmitificaba o programa e explicaba o seu funcionamento.
Joseph Weizenbaum (1923, Berlín-2008, Ludwigsfelde). Informático, profesor e autor cuxa influencia no campo da intelixencia artificial (IA) foi profunda e controvertida. Profesor emérito de Informática do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e considerado un dos pais da cibernética, a súa creación máis famosa, ‘Eliza’, foi un dos primeiros programas en demostrar a capacidade dunha máquina para interactuar cos seres humanos dun xeito que parecía comprensivo e sensible. Non obstante, a pesar das súas contribucións ao desenvolvemento da IA, Weizenbaum tamén foi un feroz crítico da forma en que se utilizaba a tecnoloxía e das promesas esaxeradas dos seus colegas.
Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/contempor%C3%A1neas-%C2%B7-how-can-i-help-you-%C2%B7-vertixe-sonora
Auditorio de Galicia. Avenida Burgo das Nacións s/n - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar