20:30
ABONO RFG · OSG· ORQUESTRA CONVIDADA

ABONO RFG · OSG· ORQUESTRA CONVIDADA

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
ABONO RFG · OSG· ORQUESTRA CONVIDADA

ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

Markus Stenz, director

Liza Ferschtman, violín

Robert Schumann: Concerto para violín en Re menor

Gustav Mahler: Sinfonía núm. 5 en Do sostido menor

ORQUESTRA CONVIDADA

Asociamos normalmente a Schumann co piano. O seu nome suxire exaltación melódica, densidade e profundidade, que elevaron a literatura pianística a cotas inimaxinadas; porén, toda a súa xenialidade desprégase tamén no Concerto para violín en Re menor, a súa última grande obra, moi virtuosa, escrita no límite da súa lucidez. O seu dedicatario, o celebrado violinista Joseph Joachim, considerouna unha mostra da súa loucura. E entre a racionalidade e o inefable adoita ser presentada a Quinta Sinfonía de Mahler, que comeza cunha inusual marcha fúnebre coa que nos introduce nunha obra de tanta complexidade conceptual como fondura emocional. Despois de tres sinfonías con voz, Mahler regresa á forma sinfónica pura para expresalo todo: a risa e o choro, a morte e a vida, o lírico e o dramático… esta sinfonía é unha das súas obras máis interpretadas na actualidade a pesar de que a rescribiu en varias ocasións, sempre insatisfeito.

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/abono-rfg-%C2%B7-osg%C2%B7-orquestra-convidada
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android