Auditorio de Galicia
Auditorio de Galicia. Avenida Burgo das Nacións s/n - Santiago de Compostela Ver web
ARTES ESCÉNICAS · DANZA
DEMENTE
FRAN SIEIRA
Sala Ángel Brage · Auditorio de Galicia
28 de decembro
20.30 h
Prezo: 10 €
Descontos do 50 %
Idade: público adulto
Duración: 60 min
Lingua: galego
Derradeiro pase
DeMente é unha obra de baile e música tradicional de Fran Sieira Compañía de Danza que aborda o estigma das patoloxías vinculadas á saúde mental. En escena, a coreografía amosa a evolución histórica que sufriron, e sofren, as persoas con trastornos de saúde mental: dende a reclusión practicamente carceraria ata as contencións químicas.
En 2023, a peza estivo programada no Teatro Joge Elicer Gaitán de Bogotá, en Colombia, e foi un dos espectáculo seleccionado en FETÉN. En 2022, foi finalista en sete categorías dos Premios Max, entre eles ao mellor espectáculo de danza, e formou parte da programación de Camiño Escena Norte.
O do Auditorio de Galicia será o pase de despedida do espectáculo DeMente.
Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/demente-0
Auditorio de Galicia. Avenida Burgo das Nacións s/n - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar