Continuamos en Ferrol coa 2º sesión desta actividade do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" que leva por título:
NOS SEUS ZAPATOS.
E se nos poñemos na posición dos máis pequenos? Como cres que se senten? Que pensan? Que necesitan?
Nos próximos meses imos xogar a poñernos na pel dos nenos e nenas adoptivos ou de acollida, para comprender un pouco máis as súas experiencias e como podemos acompañalos mellor. Exploraremos a primeira infancia, a adolescencia e a primeira idade adulta, así como a nosa posición como familias.
Compartiremos as nosas propias experiencias e resolveremos as dúbidas que xurdan.
Estamos list@s?
A cargo de: LETICIA F. RIVERO. Psicologa sanitaria, Experta Universitaria en Intervención en Adopción e xerente do centro Uno Terapias. http://www.unoterapias.com/
DATA: 24/10/23 HORA: 17:00 - 19:00 LUGAR: Centro cívico de Canido, Rúa Poeta Pérez Parallé, 15401 Ferrol.
Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Lembrade que todos os 4º martes de casa mes estaremos en Ferrol.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo
Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar