17:00 hasta las 19:00
A Ferrol: OBRADOIRO: Nos seus zapatos 3/3

A Ferrol: OBRADOIRO: Nos seus zapatos 3/3

Continuamos en Ferrol coa 3º sesión desta actividade do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" que leva por título:

NOS SEUS ZAPATOS.

E se nos poñemos na posición dos máis pequenos? Como cres que se senten? Que pensan? Que necesitan?

Nos próximos meses imos xogar a poñernos na pel dos nenos e nenas adoptivos ou de acollida, para comprender un pouco máis as súas experiencias e como podemos acompañalos mellor. Exploraremos a primeira infancia, a adolescencia e a primeira idade adulta, así como a nosa posición como familias.

Compartiremos as nosas propias experiencias e resolveremos as dúbidas que xurdan.

Estamos list@s?

A cargo de: LETICIA F. RIVERO. Psicologa sanitaria, Experta Universitaria en Intervención en Adopción e xerente do centro Uno Terapias. http://www.unoterapias.com/

DATA: 28/11/23 HORA: 17:00 - 19:00 LUGAR: Centro cívico de Canido, Rúa Poeta Pérez Parallé, 15401 Ferrol.

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 4º martes de casa mes estaremos en Ferrol.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android