Comezamos este ano cunha actividade do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" en Ferrol cun CinemaForum, onde veremos e comentaremos un documental sobre acollemento.
DATA: 23/01/24 HORA: 17:00 - 19:00 LUGAR: Centro cívico de Canido, Rúa Poeta Pérez Parallé, 15401 Ferrol.
Coma sempre podedes convidar a quen queirades. ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Lembrade que todos os 4º martes de casa mes estaremos en Ferrol.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar