Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal
Av. de Xoán XXIII, s/n - Santiago de Compostela Ver web
Xesús Chichi Campos, humorista gráfico, ilustrador, guionista e escritor é o homenaxeado no Día da Ilustración que se celebra cada 30 de xaneiro para recuperar figuras históricas desta disciplina.
Campos desenvolveu a súa actividade entre os anos 70 e 80 cun traballo centrado no humor gráfico e tivo tamén unha importante carreira como guionista na TVG, así como articulista para diferentes publicacións.
Para participar na celebración a Biblioteca Ánxel Casal expón esta mostra bibliográfica con obra publicada de Chichi Campos que forma parte da súa colección.
Pode visitarse no andar baixo (zona da hemeroteca) durante o horario de apertura da biblioteca.
Fuente: https://rbgalicia.xunta.gal/gl/actualidade/axenda/dia-da-ilustracion-chichi-campos
Av. de Xoán XXIII, s/n - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar