Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal
Av. de Xoán XXIII, s/n - Santiago de Compostela Ver web
A cargo do Observatorio Astronómico Ramón María Aller
Observación do ceo nocturno con telescopio realizado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (se as condicións meteorolóxicas non acompañan, trasladarase a outro día).
A actividade iniciarase ás 20.00h no salón de actos cunha breve explicación sobre o que as persoas participantes van poder avistar. A continuación, iniciarase no exterior da biblioteca a observación dos astros a través do telescopio, cunha duración aproximada dunha hora.
As persoas interesadas poderán recoller a invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 18.00h. O número máximo de participantes é de 25.
Fuente: https://www.cultura.gal/gl/evento/114841/70/144786
Av. de Xoán XXIII, s/n - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar