Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal
Av. de Xoán XXIII, s/n - Santiago de Compostela Ver web
Obradoiro a cargo de María Meijide
Celebramos o Día do Patrimonio Cultural co obradoiro "Cartografías persoais" a cargo de María Meijide. Fai a túa propia cartografía persoal. Un mapa debuxado do teu pobo, comunidade ou contorna. Un obradoiro atractivo onde as pequenas e pequenos participantes adquiririrán coñecementos a través da creación.
A actividade comezará cunha proxección comentada de imaxes de mapas ilustrados e cadernos de viaxe de diferentes épocas. Así, esta parte teórica enlazará conceptos da historia da arte e das técnicas de debuxo aplicados agora á representación da nosa contorna.
Na parte práctica as alumnas e alumnos irán trazando o seu propio percorrido. Un itinerario plástico con apuntes de debuxo, cor e collage que se converterá en representación en forma de mapa.
En definitiva, un obradoiro atractivo onde adquirir coñecementos e desenvolver destrezas a través da creación.
No salón de actos. Para 12 nenas e nenos de 6 a 9 anos. As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.
Fuente: https://www.cultura.gal/gl/evento/114847/21/144792
Av. de Xoán XXIII, s/n - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar