Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal
Av. de Xoán XXIII, s/n - Santiago de Compostela Ver web
Porque cada ano desaparecen espectadores das programacións de artes escénicas, Branca Novoneyra e Isabel Cuesta decidiron organizar este ciclo de lecturas na biblioteca para divulgar a arte do movemento entre persoas interesadas na lectura e na danza.
Durante catro sesións empregarán documentos textuais e visuais para convocar a presenza da danza na biblioteca. Lerán textos escollidos que relacionan a arte viva conectada con diferentes manifestacións de diversos eidos como son o activismo, a saúde, a filosofía e a espiritualidade.
O ciclo Lecturas que danzan complétase coas exposicións Bailarinas antifascistas e El cuerpo danzante a través de narrativas pasadas y futuras.
Bailarinas antifascistas componse de sete fotografías de arquivo coloreadas por Tina Paterson que lembran o apoio á loita antifascista de Isadora Duncan, Antonia Mercé, Evelyn Hutchins, Juanita Montenegro, Helen Tamiris e Carmen Amaya.
El cuerpo danzante a través de narrativas pasadas y futuras consta de sete fotografías de obras da coreógrafa Isabel Cuesta.
Ámbalas dúas estarán no vestíbulo do 1 ao 29 de febreiro e no salón de actos do 1 ao 20 de marzo. Poden visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.
Fuente: https://rbgalicia.xunta.gal/gl/actualidade/axenda/lecturas-que-danzan
Av. de Xoán XXIII, s/n - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar