Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal
Av. de Xoán XXIII, s/n - Santiago de Compostela Ver web
Porque cada ano desaparecen espectadores das programacións de artes escénicas, Branca Novoneyra e Isabel Cuesta decidiron organizar este ciclo de lecturas na biblioteca para divulgar a arte do movemento entre persoas interesadas na lectura e na danza.
Isabel Cuesta é coreógrafa e xornalista. O seu libro El cuerpo que compone gañou o Premio de Investigación en Danza de la Secretaría de Cultura de Bogotá (Colombia).
Branca Novoneyra é autora do primeiro libro escrito en lingua galega sobre a danza contemporánea Unha introdución á danza contemporánea. A nova danza galega (2012). Como coreógrafa relacionou poesía e danza e no eido da educación artística mantivo o Laboratorio de Movementos, un estudio dedicado á pedagoxía da danza en Santiago de Compostela no que impartiu aulas xunto a Bárbara Monteagudo, Mónica García ou Kirenia Martínez, entre outras bailarinas e pedagogas.
Durante catro sesións empregarán documentos textuais e visuais para convocar a presenza da danza na biblioteca. Lerán textos escollidos que relacionan a arte viva conectada con diferentes manifestacións de diversos eidos como son o activismo, a saúde, a filosofía e a espiritualidade.
Nesta segunda sesión, Danza e saúde, coñeceremos a cronoloxía das Escolas Duncan e o nacemento da danzaterapia. Apoiarémonos sobre textos escritos polas bailarinas Isadora Duncan, María Fux e a pedagoga Fedora Aberastury.
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Fuente: https://rbgalicia.xunta.gal/gl/actualidade/axenda/lecturas-que-danzan-danza-e-saude
Av. de Xoán XXIII, s/n - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar