19:00
Lecturas que danzan. Danza e filosofía

Lecturas que danzan. Danza e filosofía

Porque cada ano desaparecen espectadores das programacións de artes escénicas, Branca Novoneyra e Isabel Cuesta decidiron organizar este ciclo de lecturas na biblioteca para divulgar a arte do movemento entre persoas interesadas na lectura e na danza.

Isabel Cuesta é coreógrafa e xornalista. O seu libro El cuerpo que compone gañou o Premio de Investigación en Danza de la Secretaría de Cultura de Bogotá (Colombia).

Branca Novoneyra é autora do primeiro libro escrito en lingua galega sobre a danza contemporánea Unha introdución á danza contemporánea. A nova danza galega (2012). Como coreógrafa relacionou poesía e danza e no eido da educación artística mantivo o Laboratorio de Movementos, un estudio dedicado á pedagoxía da danza en Santiago de Compostela no que impartiu aulas xunto a Bárbara Monteagudo, Mónica García ou Kirenia Martínez, entre outras bailarinas e pedagogas.

Durante catro sesións empregarán documentos textuais e visuais para convocar a presenza da danza na biblioteca. Lerán textos escollidos que relacionan a arte viva conectada con diferentes manifestacións de diversos eidos como son o activismo, a saúde, a filosofía e a espiritualidade.

Nesta terceira sesión, Danza e filosofía, abordaremos o tema do corpo desde a proposta que fai o filósofo francés Henri Bergson na súa obra Materia e Memoria. Xunto con fragmentos deste texto faremos unha lectura de poemas de May Swenson.

O corpo é o medio de expresión da danza e nesta sesión iniciarémonos na observación filosófica do corpo.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Fuente: https://rbgalicia.xunta.gal/gl/actualidade/axenda/lecturas-que-danzan-danza-e-filosofia
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android