Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal
Av. de Xoán XXIII, s/n - Santiago de Compostela Ver web
Contacontos a cargo de Iago López
Unha sesión de contacontos para que as máis cativas e cativos escoiten, rían e soñen. Os petos son lugares ideais para gardar de todo, incluídos libros de contos que gardan mil e unha historias. No peto da dereita van os contos para rir e para pasalo ben; nos petos da esquerda van os contos de medo e os que fan chorar. Así que hai que ter moito coidado cos contos que van nos petos.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Av. de Xoán XXIII, s/n - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar