19:30
Cine – O evanxeo segundo San Mateo

Cine – O evanxeo segundo San Mateo

Cine – O evanxeo segundo San Mateo 

O mellor biopic sobre Jesús de Nazaret parte dunha proposta en simultáneo política e poética, na que Pasolini crea, desde a sinxeleza máis complexa, un filme impresionante, cheo de lirismo.

Unha aproximación neorrealista e próxima, sen afastarse do texto bíblico, á figura de Jesucristo conforme ao evanxeo do apóstolo Mateo, capaz de recoller os principais episodios do texto: as dúbidas de José, a adoración dos Reis Magos, o bautismo, as tentacións no deserto, a morte de Juan Bautista, a Paixón, etc. Axustado ás liñas populares de representación sacra medieval, o autor afonda nunha aproximación mítica, épica e sagrada do mundo.

1966: 3 nominacións ao Oscar: BSO adaptada, vestiario B&N, dirección artística B&N.

1966: Círculo de críticos de Nova York: Nominada a mellor película estranxeira.

1966: National Board of Review: Top mellores películas extranxeiras.

Fuente: https://vivalugo.es/evento/cine-o-evanxeo-segundo-san-mateo/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android