20:30 hasta las 21:45
Me llamo Suleimán

Me llamo Suleimán

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

* Venda de entradas soltas a partires do 6 de setembro

De Antonio Lozano

Esta adaptación teatral da novela homónima escrita por Antonio Lozano conta a historia de Suleimán, un neno que farto da terrible situación de pobreza que vive no seu país, Malí, decide marcharse xunto ao seu amigo Musa á próspera Europa. Alí esperan traballar e conseguir suficiente diñeiro para regresar e montar os seus propios negocios para axudar ás súas familias, pero a viaxe é dura e difícil. Deberán cruzar o deserto en camións incómodos e atestados de expatriados que como eles buscan unha vida mellor. Chegarán ata a fronteira con Melilla, pero alí o cruzamento do enreixado complicarase. Con todo, Suleimán non se dará por vencido e volverá tentar a viaxe, esta vez por mar.
En escena Isabel, unha compañeira de clase de Suleimán, é a encargada, xunto co traballo de animación audiovisual de Juan Carlos Cruz e baixo a dirección de Mario Vega, de narrar esta historia, que non é outra que a da viaxe que é capaz de emprender un neno co único fin de alcanzar os seus soños...

Con: Marta Viera

Director: Mario Vega

Produción de Unahoramenos producciones SL en coprodución co Ayuntamiento de Agüimes


Download App iOS
VIRAL App
Download App Android